miércoles, 30 de diciembre de 2009

Resumo 2009 (I): Libros

Facendo un pouco de memoria, e facendo un pouco de resumo do ano, a nivel de libros, comezo un listado de libros lidos:

1) O NATURAL É POLÍTICO, Teresa Moures, editorial Xerais. Moi recomendable, a diferencia entre ecoloxismo e medioambientalismo!!

2) SERAOGNA. Alfonso Pexegueiro. Xerais. Libro de referencia a nivel poético. Im-pres-cin-di-ble.

3) NUESTRA INCIERTA VIDA NORMAL. Luis Rojas Marcos, Aguilar. Para pasar un rato, esperaba outra cousa.

4) NO IMPACT MAN. O mellor sen dúbida, todo o que te fai replantexar, divertido, entretido, formativo, ilustrativo, ...Deberíamos tomar exemplo. Gran a gran, todos podemos aportar...

5) POR TRECE RAZONES, Jay Asher, Narrativa Ámbar. Libro recomendado dun periódico. Moi entretido. De lectura áxil, engancha. Moi agradable, a pesar do tema que trata...

6) ANTOLOGIA BREVE, Poesía de Eugenio de Andrade. Grande o poeta portugués, cheo de razón.

7) OS PRIMEIROS GALEGOS, Felipe-Senén López Gómez, Edicións Lea. Para saber de onde vimos, porque así igual sabemos a onde imos.

8) O SABOR DA TERRA. ENCONTRO COS COGUMELOS. Helena Villar Janeiro, Editorial Galaxia. Os cogumelos vistos desde outro punto de vista. Interesante lectura.

9) GALICIA BORROSA, Santiago Lamas, Seminario de Estudos Galegos. Para saber como somos os galegos...

10) O CONDUCTOR DE AUTOBÚS QUE QUERÍA SER DEUS, Etgar Keret, Editorial Rinoceronte. Libro raro raro raro, pero curioso. Unha literatura diferente, descoñecida para min, pero raro raro. Gústame.

11) INTELIGENCIA EMOCIONAL, Daniel Goleman, Salvat. Entre estes libros e os da linguaxe non verbal, canto aprendes da xente!! Estou psicoanalizándote!!!

12) DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER, Haruki Murakami, Galaxia. Libro moi entretido para os que, de vez en cando saímos a correr, e nos propomos novos retos a niveis físicos. Ata onde pode aguantar o noso corpo? Ou é a cabeza a que ten que aguantar?? A dor é inevitable, o sufrimento opcional.

Seguen encerrados...

Xa pasaron moitos días e seguen encerrados.
A xente mobilizouse, moitos asinamos o manifesto, cartas á embaixada danesa, e seguen encerrados.
E seguen encerrados porque son criminais, criminais que levaban un coche coa matrícula 007, co pasaporte de Greenpeace, menuda seguridade...
O que pasa é que hai xente á que lle doe moito que varias persoas se colasen nun acto como este, supostamente superseguro...

http://www.youtube.com/watch?v=NOL-X9Nk7Xw&feature=player_embedded

Aí podedes ver a historia do asunto, de tremenda gravidade, en fin, feliz ano aos que protestan para defender o interese colectivo!!

martes, 22 de diciembre de 2009

...despois do Cumio...detidos por defender a Terra!!!



...éracheoquenosfaltaba!!!





"Os políticos falan, os líderes actúan"





Supoño que xa o sabes, pero varias persoas, varios activistas, están detidos, sen comunicación e sen xuízo previsto ata o 7 de xaneiro. E todo por? Bufff...tivo que ser algo gravísimo, porque para tomar estas medidas...tivo que ser...e non, nada do que un modesto cidadán puidera pensar, nada de nada.

Na cárcere por entrar nunha comilona na que non se ía resolver nada portando unha pancarta na que se podía ler, en inglés, "os políticos falan, os líderes actúan"...

E agora que?
Pois a botar unha man!!

No blog http://greenpeaceblong.wordpress.com/2009/12/21/%c2%a1todos-con-juantxo-%c2%a1no-te-quedes-parado/

ou na ciberacción http://www.ciberactuacongreenpeace.es//?cyberid=74

lunes, 21 de diciembre de 2009

Cumio de Copenhague...tantos días para???


Outra decepción máis e cantas van??


Aquí podedes ver os superacordes, sen vinculación ningunha, que se conseguiron...e de paso lemos algo en inglés, que tampouco ven mal...




Ademais, nesta outra web dos amigos de Ecologistas podedes facervos unha idea do que foi o Cumio...




E nada, a seguir esperando a que alguén tome a iniciativa, aínda que, como lin algún día, os nosos políticos non se preocuparán do Medio, mentres a xente non se preocupe. E canta razón...porque, a canta xente oímos falar do asunto este? Quen sabe que houbo un Cumio en Dinamarca? Quen sabe que está detido o Responsable de Greenpeace España, sen comunicación e sen xuízo ata o 7 de xaneiro de 2010!!!????? Quen sabe para que foi Obama a Copenhague? Quen é Obama???

viernes, 18 de diciembre de 2009

Os mocos: que son, de onde saen, ...

Evidentemente, como de Santa Marta, só nos acordamos dos mocos cando os temos...e rebuscando na internete, entre pañuelo e pañuelo, atopa a seguinte definición:


"Os mocos son unha segregación resbaladiza e pegaxosa que non podo absorber o noso corpo, polo que o noso corpo deféndese e bótaos fóra. O seu nome ven de amucosa, un tecido fino que forra a nosa nariz por dentro para humedecela e que non se irrite polo aire seco".


Leo recomendacións interesantes: bótaos fóra, e mellor pola nariz (xa home xa). Comer os mocos é como comer o lixo do teu corpo (estes mocos meus non teñen moi boa pinta para comer, a verdade). Non hai que automedicarse (non tiña pensado).


En fin, mocos van mocos veñen...e aí van unhas definicións interesantes...


a) Moco morriñento: é o moco que comías cando eras neno e que lembras cada vez que probas algo saladito

b) Moco tipo Hulk: é verde, moi verde

c) Moco Bart Simpson: está completamente amarelo

d) Moco suicida: é aquel que sae disparado ao baleiro cando estornudas

e) Moco asasino: é aquel que, unha vez arrancado do nariz, a nariz empeza a sangrar sen interrupción

f) Moco sádico: é aquel que inunda a túa nariz xusto no día que se che esquece o pano

g) Moco en mangas de camisa: é aquel co que, a falta de pano, utilizas a manga para limpalo

h) Moco escorregadizo: é aquel que cada certo tempo tes que aspirar porque observas que está a punto de saír...

lunes, 14 de diciembre de 2009

No Impact Man


Algo máis que correr tamén hai que facer, non? Pois aquí vai unha recomendación en forma de libro: No Impact Man. Podedes compralo en inglés, pero bueno, eu téñoo na lingua de Cervantes, na editorial 451 Editores.


O autor é Colin Beavan, un neoiorkino (isto dise así??), escritor, que dun día para outro decide meterse nun lío grande ao redor dunha vida sostible. O libro céntrase nun ano da súa vida, no que tamén mete a súa familia, é dicir, á súa muller, a súa filla e á súa cadela.


Cousas interesantes son moitas as que se din no texto. Moitas aproveitables; outras moi centradas na illa de Manhattan...pero moi curioso, gratificante e constructivo.


Hai un documental, un libro, un blog...un negocio?? Pois pode ser, pero non sexamos máis papistas que o papa e pensemos que cuestións como estas divulgan un modo de pensar e fan que máis persoas se paren un momento e reflexionen.


Unha cousa máis: que tal se gozas de onde estás e deixas de pensar en onde vas a estar??


Como dicía, o libro é moi interesante e o blog http://noimpactman.typepad.com/
En fin, unha ocupación máis...