domingo, 7 de febrero de 2010

O señor das moscas (II)

"Para uns, a parábola representa unha ilustración das teses dos teólogos que sitúan a agresividade criminal entre os instintos básicos do home;para outros, polo contrario, constitúe unha requisitoria moral contra unha educación represiva que non fai se non preparar as brutais explosións de barbarie que monotonamente se producen cando as coercións institucionais das sociedades baseadas na dominancíón e violencia se relaxan"
Buffff!! A lectura avanza...
O libro, un clásico de William Golding, ten cada vez mellor pinta...

http://www.william-golding.co.uk/

Barcelona está máis cerca

O domingo 7 de marzo está cada vez máis cerca. Xa non queda case nada para intentar un reto difícil, moi difícil: rematar unha maratón. Máis de corenta quilómetros correndo polas rúas da cidade condal...sona ata ben e todo!!

Esta semana pasada, de domingo a domingo, foi como segue:

DOMINGO: Marcha das rosquillas, máis de tres horas en bici polos montes de Ponteareas, para adestrar o corazón...

MÉRCORES: 45 minutos de trote lobero...

VENRES: 25 minutos de trote e series. Eu fixen 6 de 1000, entre 4'20'' e un pouco menos de catro...bufff!!!

DOMINGO: 1h30' por Salvaterra, polo parque da Canuda e beiras do Tea...os outros tolos fóronse a 1h50' cun ritmo "disconforme"

E nada, a seguir toca, aínda que estas semanas preséntanse complexas para atopar sitio para correr: exames de inglés, entroido, viaxes, ...

viernes, 5 de febrero de 2010

Clube de lectura de Ponteareas

Entereime recentemente da existencia deste clube de lectura. Vendéronmo como autoxestionado. O propio clube pon as normas, decide o que se le e comenta o que considere na súa reunión mensual que ten hora de comezo, pero non hora de remate!

Estamos agora inmersos na lectura de Atuado na Braña, de Xabier Quiroga, un libriño de 600 páxinas...

Veremos o que dá de si...

miércoles, 3 de febrero de 2010

O señor das moscas


Comezo unha nova lectura, recomendada (creo que moi boa recomendación!). Xa contarei, pero promete...un accidente de avión, unha illa, uns supervivintes (isto recórdame a algo...) Os supervivintes apenas superan os quince anos.,.,.,.,.unha profunda reflexión sobre como pode ser a especie humana...