martes, 23 de marzo de 2010

Correndo pasamos o tempo...


Pois xa volvemos da Marató de Barcelona despois de pasar un bo rato correndo os corenta e dous quilómetros e pico en algo máis de tres horas e corenta e nove minutiños!!!
Todo un suceso, toda unha experiencia!!
E este domingo seguimos pasándoo ben no Cuvi, nos dez mil organizados pola Universidade de Vigo, con 43 minutos!!
Seguimos correndo, seguimos contando!

miércoles, 3 de marzo de 2010

Homenaxe a Cataluña, de Orwell


Rematado o señor das moscas, cun final sorprendentemente arrepiante, comezamos a lectura de Homenaxe a Cataluña. Que visión tan diferente da Guerra Civil!! Moi bo comezo de libro!! Outra recomendación para este ano, sen dúbida!!