lunes, 30 de noviembre de 2009

Dragomán 2009

Pois este vai ser un dos primeiro posts, sobre unha cuestión á que me afeccionei ultimamente: correr. Correr para escapar? Para pensar? Para non pensar?? Nin idea, pero correr ultimamente resúltame moi agradable.

A Dragomán é unha carreira singular en todos os aspectos, unha carreira corta, de sete quilómetros, dos que algo máis de cinco son de subida, digamos, durilla.

A finde pasámola na cuarta provincia, no Bierzo, entre Cacabelos, Toral de los Vados, Parandones, Villafranca, ... e outros lugares...turismo, comer, cervexas, ...

A carreira moi ben, a verdade, pero sufrida. Despois dun descenso desde o Castelo de Villafranca ata o arco de saída na Rúa da Auga, pasamos pouco máis dun quilómetro ata que comezamos o serio. Sube, sube, sube, máis, máis...non había descanso, depois de cada curva aínda era peor. Marquei un ritmo, tranquilo, e mantíveno. Ía adiantando a corredores, pouco a pouco, pero entre o quilómetro 3 e 4 sufrín o indicible...pensei en parar, a verdade, pero, o cabezón decidiu baixar a cabeza, apretar os riñóns e tirar e tirar...

Na meta, na entrada do pobo, comezou a never. A estampa era moi bonita, pero de agradable tiña pouco. O frío arreciaba e quedaban sete quilómetros ata o coche!! Outra vez correndo!!!! Antes de baixar tomamos un caldiño e recollemos a camiseta de recordo.

Aquí podedes ver, no minuto 2'37'' ao que escribe, acompañado de Rafa, baixando despois da carreira.

http://www.youtube.com/watch?v=mmnBq3MYoLo

No pavillón de Villafranca tomamos unha reconfortante ducha e preparámonos para comer. Pero a historia alongouse demasiado, a comida non aparecía, a entrega de premios fíxose un pouco longa (parece que os únicos que non levaron premio fomos nós, jajaja) e decidimos ir a comer á Praza de Villafranca.

Despois da comida tocaba pensar en volver...e agora xa hai que pensar na próxima...

1 comentario:

  1. Inauguro os comentarios deste blog! Experiencia bonita esta de subir o Dragonte, mágoa de que a min non me gusten as costas!!

    ResponderEliminar